Boiro despide a Arturo Piñeiro antes de iniciar o camiño en bicicleta de Noruega a Santiago de Compostela

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, recibiron esta mañá no Concello de Boiro ao ciclista, Arturo Piñeiro, para despedilo antes de partir a Noruega para iniciar o Camiño de Santiago ata Compostela.
Arturo forma parte do club Barbantia Roda e vai facer un percorrido de 4.500 quilómetros dende Noruega ata Santiago de Compostela.