As Confrarías lamentan que o ministerio invista 1,4 millóns nunha aplicación para algo “aínda non aprobado”

23 Agosto 2021

A Federación Galega de Confrarías lamenta que o ministerio invista 1,4 millóns de euros nunha aplicación informática para a declaración telemática de capturas da frota artesanal cando este é un requisito “aínda non aprobado” por Europa.

A federación reitera o seu posicionamento contrario á implantación desta medida, polo que entende “unha falta de consideración” que se desenvolveu unha aplicación “cando aínda non se reuniron as partes e aínda non está aprobada definitivamente esta normativa”.

Segundo a nota das confradías todo apunta a que o ministerio español está intentando ir máis rápido que a Unión Europea e xa presume da elaboración unha aplicación informática adecuada para a pesca artesanal cando aínda non está nin aprobada a norma definitivamente polo organismo competente.

A federación anuncia unha xunta xeral para o próximo 14 de setembro para abordar este asunto e tomar acordos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.