Arrinca en Boiro o Festival Turbina

10 Agosto 2021

A axenda cultural de Boiro nesta segunda semana de agosto é completa, diversa e múltiple. Comeza cun certame cultural e creativo organizado pola propia mocidade local, o Festival Turbina, con actividades, obradoiros e concertos. Por temáticas, están previstas exhibicións de skate, tie dye e danza urbana. A cita, que conta coa colaboración de Cultura de Boiro e a OMIX local, celébrase este martes 10 de agosto entre as 11.00 e as 0.00 horas, no parque da Cachada.

O skate park de Boiro da Boqueira da Negral nunha imaxe recente de Rubén Paz

No capítulo de concertos, comezan ás 10.45 horas con The Cuncas; ás 16.00 horas DJ Alvaro M; ás 17.30 horas A Costa Nosa; de 19.45 a 20.30 horas micro aberto; ás 20.45 horas Astray e ás 22.30 horas Copa Turbo.
Pola mañá, ás 12.30 horas haberá unha xincana e batalla holi na pista central da Cachada e os arredores coa música de Las hijas de ZP, pola tarde nas pistas de A Boqueira de A Negral, haberá obradoiros de skate, danza urbana e tie dye.

Outros artigos

Convocados os “Premios da Cultura Galega 2024”

A Xunta de Galicia convoca os Premios da Cultura Galega 2024, certame que recoñece o labor creativo e a súa expansión nos novos espazos actuais desde a súa primeira edición, en setembro de 2010. As oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Visuais, Artes...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...