Ana Peleteiro, filla predilecta de Ribeira por decisión do pleno municipal

03 Agosto 2021


O acordo de todos os partidos políticos foi dado a coñecer polo alcalde Manuel Ruiz ao comezo do pleno extraordinario celebrado na tarde deste martes

A atleta ribeirense Ana Peleteiro, que conseguiu o pasado domingo a medalla de bronce en salto nos Xogos Olímpicos de Toquio, recibirá a distinción de filla predilecta de Ribeira. A distinción foi froito dun acordo alcanzado polos grupos políticos que integran a corporación e do que o alcalde, Manuel Ruiz, deu conta ao comezo da sesión extraordinaria.

O mandatario destacou que, ademais dos méritos deportivos, Ana Peleteiro «simboliza a imaxe de Ribeira que queremos dar. Multirracial, multicultural, aberta e cosmopolita».

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.