A Xunta defende implicar á sociedade para facer unha planificación urbanística de calidade

31 Agosto 2021

A Xunta de Galicia defendeu hoxe a necesidade de contar coa participación activa do conxunto da sociedade para avanzar cara a unha planificación urbanística de calidade, racional e coherente no marco dunha xornada de traballo sobre arquitectura e urbanismo organizada pola Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) e a Fundación RIA Barbanza.
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, foi a encargada de inaugurar o evento, que se celebrou na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira e contou coa participación, entre outros, do alcalde do municipio, Manuel Ruiz, do director da ETSAC, Plácido Lizancos, e do arquitecto e presidente da Fundación RIA, David
Chipperfield.
Durante a súa intervención, Encarnación Rivas incidiu en que o urbanismo e a arquitectura son disciplinas que teñen “vocación transformadora” e, como tales, deben poñerse sempre “ao servizo das persoas”.
Por iso, defendeu a máxima do “urbanismo responsable” como principio inspirador das políticas da Xunta nos últimos anos, ao tempo que subliñou que o camiño para lograr unha planificación do territorio de calidade pasa por recoñecer a necesidade de contar na mesma coa implicación de toda a sociedade.
“Confiamos en que co acordo entre os técnicos, toda a poboación e os seus representantes, a ordenación urbanística e territorial deixe de ser unha regra sobre o papel para converterse en motor de desenvolvemento que conxugue os intereses xerais e particulares”, asegurou a directora xeral, que avogou pola “corresponsabilidade” como fórmula para acabar coas “improvisacións” e converter a todos os galegos en “cómplices” da planificación e da “ordenación racional” do territorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.