A primeira edición do Final Lap achega diversas propostas para a mocidade pobrense

26 Agosto 2021

A Pobra do Caramiñal será escenario neste 28 de agosto dunha serie de talleres dirixidos á mocidade. Baixo o nome de Final Lap 21, os obradoiros desenvolveranse na praza Alcalde Segundo Durán. A oferta consta de Produción Musical a
cargo de Royce Rolo (de 11.30 a 13.00 horas) e de Iaghost (de 16.30 a 19.00 horas); DJing con G.Rich (de 16.30 a 19.00 horas); e Graffiti da man de Rome & Mr. Ets (de 11.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.00 horas).
A programación tamén inclúe o coloquio As mulleres na cultura urbana, ás 13.00 horas, dirixido por Marcia Vázquez; así como Boxes Club, en horario de 11.00 a 22.00 horas, con Abelo Valis, Shawty, Baby Romeo e Kaixo.
As actividades son de balde e as prazas cubriranse por orde de chegada ata cubri-la cabida.
Organiza a Concellaría da Mocidade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), e a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), co apoio da Deputación da Coruña ao abeiro do programa Mocidade Creativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.