“A piques de rematar a costeira do bonito”. Antón Luaces

04 Agosto 2021

Consumido xa algo máis do 70% da cota de bonito, a frota do Cantábrico Noroeste aproveita o que, na práctica, son xa os derradeiros días de captura desta pesqueira que tantas satisfacións deu na actual campaña. 

Esta rematará con case que total seguridade, a finais da vindeira semana debido ás importantes descargas deste peixe nas lonxas de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Basco (aquí onde máis) realizadas durante o pasado mes de xullo.

Unhas 12.100 toneladas foron desembarcadas xa nas rulas citadas, polo que se estima que quedan por capturar unhas 5.000 toneladas das 17.217 que se podían pescar este ano. De se cumprir esta previsión, pode dicirse que a temporada do bonito vai pecharse prematuramente.Nas últimas semanas, e coas vendas escalonadas do “príncipe azul” nas distintas lonxas de peixe das catro comunidades autónomas que conforman o Cantábrico Noroeste a efectos do caladoiro nacional, os prezos acadados roldaron os 3,50 euros o quilo, o que facilita unha certa estabilidade ás frotas que, xa dende o comezo da pesqueira deste ano, daba sinais de que sería unha campaña positiva.

Fontes dos propios pescadores  lembran que este é o terceiro ano consecutivo no que o bonito entra no Cantábrico e, polo tanto, non houbo que desprazar os barcos que o capturan a augas máis lonxanas como son as próximas ás illas Azores e as do sur de Irlanda. 

Este feito implica tamén menores consumos de combustible e menos días de mar (dez como máximo) debido á máis alta frecuencia no desembarco das capturas e, polo tanto, máis estadías en terra. 

Tamén, evidentemente, significa unha vantaxe para os consumidores, debido a que xunto cunha maior calidade do produto, o bonito deste ano chega aos mercados con máis calidade e frescura.

De calquera xeito, Armadores de Burela (ABSA) -con sede no porto galego máis relacionado coa pesqueira do bonito- contaba con que a campaña poidera ampliarse en relación coa do ano pasado, cando a costeira se pechou o 19 de agosto; pero semella que non vai ser así, o que podería significar que, malia o incremento de cota, a temporada podería rematar ,mesmo antes co ano pasado.

O bonito capturado á cacea -un a un, con anzó e non con aparello- pola frota de baixura ten un atractivo especial para o consumidor galego, moi dado nos últimos anos a aproveitar como nunca a ventresca deste delicioso peixe azul, fonte de saneados ingresos para os mariñeiros desta Comunidade Autónoma.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.