A Deputación colabora co programa ‘Vivenda con apoio’ da Asociación Ambar

25 Agosto 2021

A Deputación da Coruña colabora coa Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional no impulso do programa ‘Vivenda con apoio’, ao que o ente provincial dedica 22.000 euros, a través dunha das liñas de axuda dedicadas a entidades sociais da provincia.

A través desta achega,a Deputación dá apoio á vivenda tutelada de Ambar, activa desde o 2014. Un domicilio que asiste ás persoas con diversidade funcional que se atopen nunha situación de emerxencia. “Unha iniciativa que nestes momentos de risco social, sanitario e económico cobra, se cabe, máis importancia”, destacou a deputada de Benestar Social, Ana Lamas. “Desde a Deputación queremos traballar de forma conxunta con Ambar para promover a independencia, autonomía e igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional, adaptándonos ao contexto actual, marcado pola pandemia”, explicou Lamas.

Con este servizo, a Asociación favorece a autonomía no fogar dos usuarios, así como as súas habilidades básicas e instrumentais para a vida diaria e o coidado da saúde.

Deste modo, o proxecto combina diferentes accións para impulsar a calidade de vida destas persoas. Dunha banda, ofrece apoio directo e vía telefónica aos usuarios atendendo ás súas necesidades. A través de chamadas establecécense pautas para a xestión emocional en momentos de incertidume e estrés e, en caso de confinamento por risco de contaxio, realizanse contactos telefónicos semanais para valorar a situación nos propios domicilios e crear un ambiente de tranquilidade e seguridade.

 Tamén se levan a cabo obradoiros teórico – prácticos in situ para adquirir habilidades para a vida diaria, empregando recursos e materiais reais propios dun fogar. Á súa vez, ofrécense talleres de manexo das novas tecnoloxías para favorecer a comunicación e o uso de servizos comunitarios. Por outra banda,a actuación conta con obradoiros de educación para a saúde, nos que se indican pautas para a prevención do contaxio da covid-19, ademais de hábitos saudables baseados no exercicio e a boa alimentación. Por último, a asociación ofrece a súa vivenda tutelada a aquelas persoas que por diversos motivos se vexan nunha emerxencia e precisen residir de forma temporal nela. 

Ana Lamas quixo destacar o importante traballo que “leva a cabo esta entidade, que ten a solidariedade, a inclusión e a diversidade como valores de referencia”.

Asociación Ambar

A Asociación Ambar presta servizo a persoas con diversidade funcional e ás súas familias nos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Rianxo e Porto do Son. A súa misión é promover unha sociedade igualitaria na que todas as persoas gocen dos mesmos dereitos e poidan vivir de forma indepentente eautónoma.

Para iso, leva a cabo múltiples iniciativas que buscan sensibilizar e educar en valores, mellorar a accesibilidade universal, aportar servizos de autonomía persoal e conciliación familiar, posibilitar a vida independente dentro da comunidade, promover o traballo digno, impulsar a expresión artística e a creatividade e facilitar experiencias deportivas culturais e de lecer.

Outros artigos

Sábado empeza con nubes que darán paso a sol e temperaturas en alza

O sábado comezaremos a xornada cos ceos cuberto. A partir do mediodía os ceos quedarán con apertura de grandes claros. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas sobre os 25 graos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste. O domingo teremos sol e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Intentar definir el humorismo, es como pretender atravesar una mariposa, usando a manera de alfiler un poste telegráfico”. Así lo decía Enrique Jardiel Poncela, dramaturgo y novelista español, que a veces sabía muy bien lo que no quería saber. Es, diría yo, como...

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia. Hoy en día no hay razón ninguna, en absoluto para escribir de esta forma tan cruel, que hiere los ojos. Todos los bares tienen prensa gratuita, al momento de tomar un café, cuando se leen las noticias deportivas, prestar un poco...