A consulta pública a glorieta do cruce da Barquiña (Noia) e as beirarrúas até a rúa Calvario

19 Agosto 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de someter a información pública o proxecto de construción dunha glorieta no cruce da Barquiña, así como a renovación das beirarrúas dende ese punto até a rúa Calvario (á altura da Capitanía Marítima). Esta actuación suporá un investimento de 1’15M€.
O prazo para presentar alegacións (que se poden facer en liña) abriuse este 18 de agosto e ficará deste xeito até o 28 de setembro.

As dúas accións previstas buscan mellorar a seguridade viaria da contorna.

Dunha banda, executarase unha nova glorieta na intersección existente no punto quilométrico 71+120 na AC-550 -cruce coa estrada provincial DP-5704 ao porto da Barquiña. Segundo explica a Consellería, o trazado da glorieta “foi definido tendo en conta o espazo dispoñíbel, resultando unha calzada anular cun radio exterior de 13 metros”.

Doutra banda, renovaranse as beirarrúas dende a nova glorieta ata a alameda de Noia, entre os puntos quilométricos 71+100 e 72+400 da AC-550. Isto “implicará unha reorganización da sección transversal da estrada autonómica, na que a día de hoxe hai aparcamento insuficiente en ambas marxes, o que provoca que os vehículos se suban á beirarrúa e a deterioren”, explícase.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.