A área sanitaria Santiago- Barbanza continúa mellorando

21 Agosto 2021

A área sanitaria de Santiago e Barbanza rexistrou nas últimas 24 horas 102 novos contaxios de coronavirus e 131 altas, o que fai que descendan en 29 persoas os casos activos, pasando de 1.203 a 1.174. A cifra é máis alta que nos últimos días, e tamén que os 71 do venres pasado.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.370 deles 3.466 son da área da Coruña, 1.235 da de Lugo, 758 da de Ourense, 1.105 da de Pontevedra, 2.796 da área de Vigo, 1.188 da de Santiago e 822 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 64 están en UCI, 245 en unidades de hospitalización e 11.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 160.169 persoas curadas, rexistrándose 2.536 falecementos.  O número de PCR realizadas é de 2.694.223. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.885.780.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.