A 58ª edición da Regata Rías Baixas, con etapa na Pobra, volve celebrarse baixo o paraugas de Mar de Maeloc que combina a tradición e a excelencia do noso deporte

03 Agosto 2021

Moitos dos celtas que viaxaron a Galicia baixo o liderado do bispo Maeloc, fixérono en barcos veleiros como os que impulsaron a Iago López Marra e a Támara Echegoyen cara os diplomas olímpicos.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, vén de presentar a regata Mar de Maeloc 58ª edición Regata Rías Baixas que terá lugar do 10 ao 14 de agosto con cinco etapas que discorrerán entre Vigo, Combarro, A Pobra do Caramiñal e Vigo.

O mandatario destacou como este é un evento que combina a tradición e a excelencia deportiva galega e lembrou que o bispo Maeloc foi o introdutor en Galicia da cultura celta e que xuntou a un exército de 30.000 persoas para enfrontarse aos vikingos. De feito, moitos deles, os procedentes da actual Gran Bretaña, chegaron a Galicia en barcos veleiros, como os que teñen impulsado a Iago López Marra e Támara Echegoyen cara os diplomas olímpicos en Toquio, ou o que esperemos que leve a Nico Rodríguez ás medallas a partir das 7,30 horas de mañá. Así tamén dixo que, probablemente, estes celtas viñeran a Galicia en caiac, como o que levou a Teresa Portela a conquistar a súa medalla de prata ou a que competirán Carlos Arévalo, Rodrigo Germade ou Antía Jácome; ou mesmo en dobre scull lixeiro, como no que Caetano Horta acadou o seu diploma olímpico.

Deste xeito, Lete Lasa destacou o gran potencial náutico de Galicia que fai que hoxe sexan estes deportistas os líderes da nosa sociedade, os que baixo a bandeira de Galicia tamén compiten contra os deportistas doutros pobos e os mellores exemplos e modelos que debemos procurar imitar para lograr esa sociedade activa e saudable que tanto desexamos.

O responsable do Deporte galego felicitou aos organizadores e patrocinadores por seguir unindo baixo este novo formato ás tres mellores regatas e ás decanas da vela galega: a Regata Rías Altas do Real Club Náutico da Coruña, a regata Finisterre e a Regata Rías Baixas e ás que nesta edición de 2021 sumóuselles excepcionalmente a regata Xacobeo 21-22 entre Getxo e A Coruña.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...