75 deportistas solidarios participaron este domingo na Travesía Solidaria a Nado entre Testal e O Freixo

17 Agosto 2021

Este domingo 15 de agosto, con saída ás 10.30 horas, celebrouse en augas de Noia e Outes a dezanove edición da Travesía Solidaria a Nado entre Testal e O Freixo, unha iniciativa deportiva e social a prol da integración dos colectivos con diversidades funcionais ou cognitivas e a prol da promoción do deporte adaptado.

Este ano, novamente condicionado pola COVID-19 e as medidas restritivas, foron 75 os nadadoras e nadadores os que finalmente botáronse a auga.

Dende a Concellería de Deportes que dirixe Laura Salgado felicitaron o labor de organización e impulso do Clube Adeco Noia, e en especial ao seu presidente, Pepe Barrio, polo “seu enorme traballo no desenvolvemento desta proba”. Tamén agradeceron encarecidamente a colaboración das entidades que pecharon fileiras arredor deste evento solidario: Cruz Vermella Noia, Confraría San Bartolomé Noia, Club do Mar Noia e Asociación Misela.

Unha vez máis a travesía de Testal a O Freixo non foi unha proba competitiva. Consistiu nunha xornada de promoción do deporte no colectivo de persoas con discapacidade e o fomento da integración e a inclusión a través da actividade deportiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...