O sábado, tralo paso da fronte, quedaremos nunha área de inestabilidade e con fluxo de ventos do oeste que achegará humidade dende o mar. Teremos así un día de ceos máis nubrados canto máis ó oeste onde non se descartan chuvias de carácter feble máis probables pola mañá. As temperaturas seguirán sen cambios significativos con valores, en xeral. baixos para a época. O vento soprará de compoñente oeste frouxo, con intervalos moderados na metade norte, e forte pola mañá na contorna de Estaca de Bares.

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e mar rizado á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:59 | 3.6 m |
| Baixamar | 10:59 | 0.6 m |
| Preamar | 17:17 | 3.9 m |
| Baixamar | 23:31 | 0.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:50 | 3.5 m |
| Baixamar | 10:51 | 0.7 m |
| Preamar | 17:07 | 3.8 m |
| Baixamar | 23:24 | 0.5 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:55 | 3.5 m |
| Baixamar | 10:56 | 0.6 m |
| Preamar | 17:12 | 3.9 m |
| Baixamar | 23:29 | 0.4 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



