Os contos do Festival Atlántica chegan o lavadoiro de Lestrobe en Dodro e ao cruceiro de Roo de Outes

09 Xullo 2021

O festival Atlántica remata esta fin de semana a súa novena edición con numerosas actividades por Galicia. Unha delas será o espectáculo ‘Lavandeiras’ de Vero Rilo que terá lugar no lavadoiro de Lestrobe en Dodro. Pola súa banda, o cruceiro de Roo de Outes acollerá os contos da cultura fang de Marcelo Ndong. Ambas as dúas actividades serán o sábado, 10 de xullo, e darán comezo ás 21 horas.

En ‘Lavandeiras’ Vero Rilo recolle o patrimonio oral das mulleres que fregaban a roupa á beira do río, dálle forma e agasállallo ao público, descubríndolle os outros relatos que rodean os lavadoiros. Dende as lavandeiras nocturnas enchoupadas en sangue que xurdían da noite traendo malos presaxios até a traballo colectivo das lavandeiras de Redondela, na Illa de San Simón cando a guerra. A voz de Rilo enfía estas pezas da nosa historia nun espectáculo único, de memoria e coñecemento, propio para un público adulto con curiosidade polo noso devir como pobo.

No que respecta ao ecuatoguineano Marcelo Ndong, a súa función titúlase ‘Que fan os fang cando contan contos’. Os contos de Ndong pertencen á cultura fang, con seis millóns de habitantes que se reparten entre Camerún, Gabón, Congo, Brazaville, República Centroafricana e Guinea Ecuatorial. Son esencialmente historias de animais cun comportamento que ensina, desminte, pon en evidencia, alerta e relativiza a vida e as súas dificultades. Nestes contos, Marcelo Ndong móvese con precisión e efectividade, complementa o discurso verbal cunha xestualidade elegante e sosteno sobre chiscadelas, referencias e insinuacións. Para asistir a esta sesión cómpre reservar por adiantado en cultura@outes.gal.

Sobre os artistas

Vero Rilo é narradora oral e educadora. No ano 2013 decidiu mergullarse no eido da narración e formou a compañía Daboapipa e, máis tarde, o dúo Rilo & Penadique a carón de Sonsoles Penadique. É unha participante habitual dos encontros narrativos galegos e tamén das programacións das redes AGADIC, Cultura no Camiño, Programa Apego, Deputación de Lugo, Deputación da Coruña, etc. É unha das transmisoras de emocións máis importantes do momento, unha narradora cunha forza, técnica e expresividade que a fan única e inesquecible.

Marcelo Ndong naceu en Guinea Ecuatorial e con 12 anos ingresou na Escola de Circo da ‘Cidade dos Muchachos’ de Ourense. Formou parte da compañía oficial do ‘Circo dos Muchachos’, onde traballou como acróbata, malabarista, clown e cómico, e coa que realizou xiras por todo o mundo.

En 1976 matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela e ese mesmo ano comezou os seus espectáculos como mimo en rúas e locais de España, Francia, Alemaña e Italia. Tamén colaborou en montaxes teatrais, cine e danza con diferentes grupos de Europa e América.

Dende 1990 vive en Guinea e traballa como animador no Centro Cultural Español, como profesor de teatro e director da escola de circo de Malabo. Na actualidade rexenta unha gardaría en Malabo que tódalas tardes se converte nun centro cultural improvisado e alternativo que acolle teatro, baile, maxia ou cine.

Atlántica segue

As actividades de Atlántica rematan o 11 de xullo con sendas funcións en Ribeira e Alfoz. O programa desas xornadas e mais a información sobre os artistas, espectáculos e a reserva de entradas pódese consultar na web do festival. Por mor das cambiantes restricións sanitarias, cómpre consultar a web para coñecer a información máis actualizada sobre reservas e accesos aos espectáculos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.