O Festival Rock In Rian 21 de Rianxo anuncia seu cartel completo para agosto

O vindeiro 14 de agosto volverá o festival Rock in Rian 2021 promovido polo Concello de Rianxo. A páxina oficial do festival vén de anunciar o seu cartel completo, que inclúe actividades dedicadas para tódolos públicos, para pintar, cantar e bailar nunha edición atípica por mor da COVID-19.
Así, o festival comezará o sábado 14 de agosto con obradoiros de arte e música, así como un roteiro literario e as actuacións propias do Rock in Rian: Batukabras, Satenta, TecorSocietário, Orquesta Nerveloura e La Duendeneta. Antes desta data, o venres 13 de agosto terá lugar a ruta de tapas a partir das 19:30 e o Rock in Fantil ás 20:30.
Tódolos interesados en asistir ó Festival Rock in Rian 2021 poderán comprar as súas entradas a través da páxina de woutick, onde se recolle toda a información relacionada coas condicións de asistencia e prezos.