O Concello de Ribeira busca emprazamentos axeitados para un posíbel novo centro de saúde

15 Xullo 2021

A Consellería de Sanidade informou ao Concello de Ribeira de que baralla “dúas posíbeis alternativas” no ánimo de mellorar as prestacións asistenciais na capital municipal: ben ampliar e acondicionar o centro existente, que se sitúa na praza dos Mariñeiros nunhas instalacións compartidas co Instituto Xeral da Mariña, ou ben (a que sería a opción preferida) construír un novo centro de saúde noutro enclave.

O actual Centro de Saúde de Ribeira, na praza dos Mariñeiros

Co obxectivo de a segunda das alternativas comece a coller corpo, a Consellería encomendou ao Concello as xestións dirixidas á localizar e poñer a disposición unha parcela dentro da cidade que “resulte idónea para edificar un centro de saúde de nova creación, acorde cos estándares construtivos máis modernos para unha óptima atención dos pacientes”.

Para cumprir esta solicitude a Administración local estuda xa varias opcións en diferentes barrios do casco urbano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...