Núñez Feijóo revalidou este sábado por quinta vez o seu liderado no PPdeG


Alberto Núñez Feijóo, revalidou este sábado por quinta vez o seu liderado no PPdeG co apoio do 98,3% dos algo máis de 800 compromisarios que se desprazaron ao Multiusos do Sar compostelán nun congreso marcado pola pandemia, e no que, sumando os invitados, superáronse os 1.100 asistentes, un aforo moito menor do que é habitual neste tipo de citas do PPdeG.

Do total de votos emitidos, 801 delegados dixeron si á candidatura do dirixente de Os Peares. Con todo, houbo 14 votos en branco e un nulo.

O presidente electo dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, que foi elixido con 801 votos a favor -o 98,3%-, asumiu o liderado da formación con ganas e ilusión de máis e pedindo aínda maior compromiso para seguir mellorando Galicia.

Tras recalcar que as vitorias do PPdeG son de todo o partido, un éxito colectivo, indicou que se pon, de novo, ao servizo da súa formación porque non se conforma cos éxitos xa celebrados e porque hai tarefa por diante. Dese xeito, aseverou que se debe a Galicia, engadindo que o seu compromiso é que a Comunidade se siga superando para que a de 2030 “nos faga sentirnos orgullosos”.

Na dirección avalada este sábado, ademais de Tellado como secretario xeral, Feijóo fichou ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que leva dous meses militando no PPdeG, como coordinador da área sanitaria e tivo un xesto con quen se considera o seu ‘pai político’, José Manuel Romay Beccaría, agora presidente da honra do partido, do mesmo xeito que Mariano Rajoy.

Ademais, decidiu incrementar de catro a seis o número de vicesecretarías do organigrama popular, en relación ao ano 2016. Non repite ningún dos catro dirixentes que foi designado vicesecretario no último conclave e entran dúas conselleiras: a de Política Social, a ribeirense Fabiola García (que se ocupará da Vicesecretaría ligada aos servizos públicos); e a de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que será a vicesecretaria popular de Axenda Verde.

Outro exconselleiro, agora na area local, o ferrolán José Manuel Rey Varela, encargarase da Vicesecretaría de Acción Municipal; mentres Raquel Touriño, presidenta da Federación pola Igualdade de Pontevedra, será a Vicesecretaria de Igualdade (que sobe de rango, era unha área de coordinación no anterior equipo).

Finalmente, a vicesecretaria de Acción Sectorial será Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela (Lugo), e o responsable da Vicesecretaría de Acción Electoral, Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense.

O líder dos populares galegos expresou que a este Congreso autonómico lle seguirán os respectivos conclaves provinciais e locais, remarcando que son as ideas e o partido, non os liderados, os que sempre permanecen.

Para Feijóo, a Executiva que vén de renovarse supón un instrumento, pero a clave é seguir incorporando as demandas do pobo para poder ampliar a confianza dos cidadáns no PPdeG. Neste punto, púxose a disposición de cada alcalde que queira renovar a confianza dos veciños e de cada voceiro municipal que queira conseguir o apoio maioritario para poder goberna