Noiadeportes.es permítenos facer seguimento da participación de Caetano Horta nos Xogos Olímpicos

23 Xullo 2021

A nosa comarca ten un deportista olímpico participando nos Xogos de Toquio, o remeiro noiés Caetano Horta, e tanto as redes sociais como os faladoiros de toda a vida ferven de información e expectación arredor da súa presenza no acontecemento deportivo máis importante a nivel mundial.

O Concello de Noia, se ben tiña previsto facer unha quedada para seguir a participación do remeiro local para enviarlle ánimos de de maneira colectiva (quedada que tivo que ser cancelada para seguir mantendo a seguridade sanitaria nestes tempos de ascenso da incidencia), está a envorcar esforzos nas redes sociais e (sobre todo) na web Noiadeportes.es para informar de todo o relativo á participación de Caetano, seguíndoa en directo e atendendo a todos os detalles relativos á súa presenza nos xogos.

Por certo que a primeira eliminatoria na que participará Caetano Horta será o vindeiro sábado 24 de xullo ás 04:20 h. O Concello, reflectindo o sentir da veciñanza e da comarca por enteiro, envioulle ao remeiro a mellor das sortes posíbeis e encheu diferentes recantos da vila con pancartas nas que se lle comunican mensaxes de ánimo.

Outra das canles onde se ofrece información detallada e actualizada é o Facebook da área de Deportes do Concello, onde, entre outros datos de interese sobre o remeiro, achegaron a seguinte mensaxe: “Para a nosa vila é un orgullo ter un deportista olímpico, un orgullo que en Toquio se fale de Noia. Como non podía ser doutro xeito o pobo está envorcado con Caetano Horta, son máis de 10.000 quilómetros de distancia pero o noso campión vai a sentir o noso apoio, o noso ánimo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.