Iniciadas as obras da estrada de Axeitos na parroquia ribeirense de Oleiros

O Concello de Ribeira informa do inicio da actuación consistente na pavimentación da estrada de Axeitos, situada na parroquia de Oleiros.
A empresa que esta efectuando esta intervención é Construcciones Ponciano Nieto, S.L., e o obxectivo que persegue esta obra promovida polo Concello reside en estender unha nova capa de aglomerado asfáltico nun vial que rexistraba baches e zonas disgregadas. O proxecto inclúe tamén a pavimentación dos sobreanchos.
Supón un investimento de 75.868 euros, IVE incluído, financiados con cargo ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+ Adicional 1/2018). O prazo de execución son dous meses.