Galicia rexistra un total de 1.994 casos activos por COVID-19. Segue a vacina no Hospital do Barbanza

02 Xullo 2021

Continúa a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza con 7.009 vacinas este SÁBADO 3 de Xullo a personas de entre 30 a 49 anos. No Hospital Da Barbanza: 1.000 de 40 a 49 anos e na Cidade da Cultura: 6000 personas de entre 30 e 49 anos. Na área sanitaria Compostelá lévanse administrado vacinas ata onte 471.179.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.994 deles 574 son da área da Coruña, 224 da de Lugo, 229 da de Ourense, 367 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 190 da de Santiago e 82 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 46 en unidades de hospitalización e 1.939 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.762 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.369.890.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.788.050

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente. Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores, e en todas aquelas situacións -tamén no exterior-, nas que non se poida garantir unha distancia interpersoal de 1’5 metros, de acordo á Orde do 25 de xuño.

Outros artigos

A Garda Civil de Noia incauta 1.000 litros de gasóleo bonificado

Garda Civil A Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil de Noia incautou 1.000 litros de Gasóleo bonificado no Polígono do Tambre. Os feitos sucederon cando os compoñentes da mencionada Unidade, que se atopaban realizando un servizo na zona, observaron a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...