En Noia presentado o Festival Atlantic Bridge Jazz-Portus Apostoli incluído no programa “O teu Xacobeo”

08 Xullo 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, presentou esta mañá o festival Atlantic Bridge Jazz – Portus Apostoli que se celebrará o 14 de xullo en Vitoria e o 17 de xullo en
Noia.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participará na presentación do programa Bridge Jazz Proyect: Portus Apostoli, incluído na orde de axudas “O Teu Xacobeo”.

Trenor explicou que esta iniciativa consiste na edición discográfica do albúm “Portus Apostoli” ademais da súa promoción nestes dous concertos. Este proxecto contou cun apoio da Xunta de máis de 18.000 euros.
O delegado da Xunta destacou que o Portus Apostoli é un albúm de música de jazz que toma o seu nome da primeira suma de composicións orixinais e propias dos músicos do Atlántic Bridge Jazz Proyect que tocaron xuntos na vila de Noia por primeira vez en agosto de 2018. Este encontro propiciado e impulsado por músicos galegos é a expresión de
altísima calidade e actualidade plena dunha linguaxe artística con raíces, expresa unha Galicia contemporánea e aberta ao mundo, acolledora.
O obxectivo do proxecto, recalcou o delegado, “é contribuír á celebración do Xacobeo 2021-2022 e ao coñecemento e promoción de Galicia, de Noia e das rutas marítimas a Compostela, facendo presente este festival”.
Trenor destacou que “O teu Xacobeo” suma máis de 400 propostas socioculturais nas que a Xunta de Galicia está a investir preto de 8 millóns de euros co obxectivo de facer desta celebración do Xacobeo 2021-20212 a celebración máis viva, segura, integradora, ampla e diversa posible.

Outros artigos

A Garda Civil de Noia incauta 1.000 litros de gasóleo bonificado

Garda Civil A Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil de Noia incautou 1.000 litros de Gasóleo bonificado no Polígono do Tambre. Os feitos sucederon cando os compoñentes da mencionada Unidade, que se atopaban realizando un servizo na zona, observaron a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...