En Muros detido un motorista con cocaína

15 Xullo 2021

Os feitos sucederon cando unha patrulla de tráfico atopábase de servizo dentro do plan de intensificación do control de motocicletas e ciclomotores do Sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia na estrada AC-550 no termo municipal de Muros.

Os gardas civís observaron unha motocicleta que circulaba pola vía e que presentaba importantes deficiencias técnicas, mal estado dos pneumáticos e carecer de espellos retrovisores.

A Garda Civil procedeu a dar o alto a este vehículo para notificarlle as deficiencias que presentaba o mesmo ao seu condutor. Unha vez detido, ante o estado de nerviosismo que mostraba, os gardas civís actuantes procederon a realizarlle as probas de alcoholemia e detección da presenza de substancias estupefacientes no organismo, nas que obtivo positivo na segunda por presenza de cocaína.
Unha vez recibida a confirmación da presenza de cocaína en organismo tras a análise no laboratorio de referencia, a Garda Civil denunciou a esta persoa por conducir con presenza de substancias estupefacientes no seu organismo, infracción que conleva a detracción de seis puntos do seu permiso de condución e unha sanción económica de mil euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.