En marcha o economato de Cáritas en Noia

29 Xullo 2021

Na tarde deste 28 de xullo inaugurouse en Noia o primeiro economato solidario nunha sede parroquial de Cáritas pertencente á diocese de Santiago.

O acto contou coa presenza do arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, o párroco da vila, José Ortoño, o alcalde, Santiago Freire, e os concelleiros Juan González e Marisol Villar, así como o presidente de Cáritas de Noia, Juan Carlos Pérez e o director de Cáritas Diocesana de Santiago, Luis Calviño.

Neste economato os usuarios van poder recoller produtos de primeira necesidade a custe cero e recibirán un vale ficticio ao mes que poderán trocar por bens que precisen. O novo local está emprazado no número 16 do malecón de Gasset, a pouca distancia de onde ten a sede a organización humanitaria noiesa.

Outros artigos

O 25 de abril comezan en Noia as Festas de San Marcos 2024

O 25 de abril dará comezo en Noia a nova edición das Festas de San Marcos, unha das celebracións máis agardadas na nosa contorna e que este ano destacan pola súa completa axenda de actividades e, tamén, pola calidade do traballo artístico do debuxante e ilustrador...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...