Continúa a vacinación fronte á COVID-19 no Barbanza. Galicia supera os 11.000 casos activos

19 Xullo 2021

Mañá MARTES 20 de xullo continua a vacinación fronte á COVID-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza, no Hospital Barbanza: 120 persoas recibirán a segunda dose de AstraZeneca e 500 coa 2a dose de Pfizer. Os chamados terán idades a comprendidas entre os 40 – 49 anos. No Hospital Clínico son chamados 920 (segunda dose AstraZeneca a persoas de 60 a 69 anos

Neste luns 19 de Xullo continuou a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza; no Hospital Clínico: 820 vacinas, repescas con Pfizer e Janssen. No Hospital de Conxo foron citados 1000 persoas. Cribado poboacional a 5.000 persoas que se citarán os vindeiros entre 16 a 29 anos con tarxeta sanitaria Na área sanitaria De Santiago.

Mentres en Galicia as persoas infectadas incrementáronse a pesar do lixeiro descenso nos novos contaxios, que se situaron nos 975. Sanidade detectara máis dun milleiro de novas infeccións nas catro xornadas anteriores. A taxa de positividade mantense no 13%, case o triplo do que recomenda a OMS para dar por controlada a pandemia.

Con respecto a fai sete días, as infeccións activas duplícanse, xa que o luns 12 de xullo había 5.058, fronte aos 11.086 actuais. Na área sanitaria compostelá lévanse administrado 556.795 vacinas ata onte, domingo 18 de xullo. Un total de 269.673 persoas teñen a pauta de vacinación completa.
Na área sanitaria compostelá hai 391.386 persoas maiores de 15 años con Tarxeta Sanitaria.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.