Charla en Porto do Son este mércores para presentar a nova edición do Noia Harp Fest

26 Xullo 2021

Este mércores 28 de xullo, ás 12.30 horas, a Casa da Cultura de Porto do Son vai dar acollida a unha charla de presentación do certame Noia Harp Fest, o único acontecemento musical e divulgativo centrado na cultura arpística dentro do noroeste ibérico, que vai celebrar a súa sétima edición entre o 4 e o 6 de agosto. Na charla participarán os representantes dalgunhas das principais entidades que colaboran na organización deste importante evento musical e cultural, como o Concello de Noia, a Deputación da Coruña, o Concello de Porto do Son ou a Asociación Cultural Barbantia.

Referente internacional

Noia converterase novamente nun punto de encontro para músicos de toda Europa e América, procedentes de Italia, Bretaña, Lituania, Francia, Paraguai, Galicia, Euskadi, Cataluña e Andalucía. Acudirán artistas tan sobranceiros como a italiana Marianne Gubri, o bretón Tristan le Govic (en formato trío), a andaluza Ana Crisman e agrupacións como a banda vasca Basabi. Por estilos, o abano de proposta promete ser amplo e variado (música clásica, folk, flamenco, vangarda), malia ser a arpa o nexo común das contribucións.

Noia Harp Fest incorpora este ano un novo escenario a ceo aberto, os xardíns da Central Hidroeléctrica do Tambre, que se suma ao habitual da praza do Tapal; mentres que Santa María A Nova acollerá os obradoiros de arpa.

Haberá gratuítos para o público, ao aire libre, de intérpretes destacados deste instrumento.

Nnesta edición do Noia Harp Fest tamén estarán presentes, como é habitual, os músicos galegos. É o caso de Pedro Lamas. O creador e compositor acompañará a Aiste Bruzaite nun concerto de kanklès, un instrumento de corda popular lituano moi popular neste país e na súa contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.