Broken Peach reconstrúe éxitos de sempre este venres en Noia

02 Xullo 2021

A banda galega Broken Peach vai estar esta semana en Noia. A cita, un novo concerto convocado baixo as máis estritas medidas de seguridade e distanciamento, será este venres 2 de xullo ás 22.00 horas no Liceo de Noia.

A banda Broken Peach, para que non o saiba, é un grupo de catro mozas e tres mozos que centran boa parte dos seus esforzos en revisitar con enerxía e contundencia sonora algúns dos temas que máis soaron por estas terras nas pasadas décadas e mesturalos aínda que os ingredientes parezan difíciles de mesturar. Temas como Personal Jesus de Depeche Mode, Proud Mary de Creedance Crearwater Revival, Dont stop me now de Queen ou We are the champions, tamén de Queen.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.