As obras do paseo Portas do Mar de Noia enfían a recta final

15 Xullo 2021

O Concello de Noia deu máis detalles sobre a evolución do proxecto do paseo Portas do Mar, cuxas obras da última fase xa están “practicamente rematadas” co empedrado integral do acceso á rúa do Forno. A previsión é rematar as tarefas ao longo destes días, completando a obra coa colocación do alumeado para así dar por concluído o paseo.

Esta actuación supón un importe aproximado de 60.000 euros. Estes traballos, unidos ás reformas previas da contorna, van dirixidos a impulsar e mellorar a conexión do rueiro do centro histórico coa ría.

Amais, no Malecón de Gasset estase traballando nos últimos retoques para finalizar a fachada marítima, que nos vindeiros días quedará rematada para poder transitar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.