As mulleres do mar cobran protagonismo xacobeo en Muros

06 Xullo 2021

Esta próxima fin de semana Muros celebra o “Encontro A Muller os Oficios do Mar e a súa repercusión no Camiño”. Un novo evento arredor da nova vía Xacobea, que trae un completo simposio acompañado dun singular programa Cultural.

Un programa que pretende poñer en valor a vida das mulleres do mar a través do coñecemento dos seus oficios, estudando tamén a súa repercusión no Camiño a Compostela, tanto no acollemento aos peregrinos que chegaban por mar, como na distribución/ comercialización dos produtos do mar polos pobos de interior, en especial polo Camiño dende a Ría de Muros – Noia a Compostela, que existe dende a Baixa Idade Media.

As charlas servirán para lembrar a fundación en 1380 do Hospital de San Pedro onde se auxiliaba aos peregrinos afectados dalgunha doenza. As charlas desenvolveranse durante a tarde do venres 9, todo o sábado e a mañá do domingo 10, e cómpre facer inscrición previa. Estarán xentes como Monste París, Adela Lestón, Juanma Martínez, Xiana Iglesias, Rosa Mayo, Alexandra García, Esther Carrodeguas… e charlas singulares como mulleres como Agustina Cubelo e Elvira Rei, Pura do Peixe, Delia Lago, Mayka González ou Rut Sousa.

Haberá numerosas actividades complementarias, como as visitas teatralizadas cos pasarrúas mariñeir@s, obradoiros, teatro, exposicións ou música. (quepasanacosta.gal)

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.