“Adicado a Olga Ivinskaya” – Manuel Domínguez

02 Xullo 2021

Este traballo está dedicado a Olga Ivinskaya, foi libre máis aló da liberdade, amou máis aló do amor.

Entenderano mellor quen viron Doutor Zhivago, ou leron Arquipélago Gulag.

Hoxe recibín o libro de Olga Ivinskaya, secretaria e amor de Boris Pasternak, Os meus anos con Pasternak, enviáronmo do Reino Unido, foi publicado en 1978.

Arquipélago Gulag de Alexander Soljenitsin, conta a vida dos opositores ao réxime, á ditadura comunista, o Gulag, temida palabra que causou o suicidio de Yelizabeta Voromanskaya, secretaria de Soljenitsin , despois de ser torturada pola temida KGB.

1973 ou 75, para entender, para vivir, para sentir a dor e o sufrimento vivido nos campos de concentración en Siberia, nada como sentir o doloroso frío.

Que fas? Estás tolo?, pecha a porta da neveira, vaise o frío, vas coller unha pulmonía, estás tolo de atar.

Tolos anos de mocidade, había que ler a Soljenitsin, sentindo o frío, a súa dor, só así se entende a obra, vivila o máis próximo posible.

Talvez só me entenderán aqueles que beberon a choiva.

De igual maneira que se entende o amor amando.

Ou o desamor, o desamor a mellor razón para escribir fermosas poesías, pois só o desamor pare esa dor tan intensa, tan sublime.

O pobo ruso tería a oportunidade de ler Archipielago Gulag, en 1990, foi publicado á sombra da liberdade que daba a Perestroika de Mijail Gorbachov.

A secretaria de Pasternak, dúas veces foi internada nun campo de concentración 1949-1953 e a segunda vez, 1960-1964.

Boris e Olga coñecéronse na redacción da revista literaria, Novi Mir, el 56 e casado, ela viúva e 33, ela sería a inspiración de Lara a amante de Zhivago. Moitas escenas do filme pertencen á vida á realidade, vivida por Pasternak. A súa obra publícase en Rusia en 1988 grazas á apertura de Gorbachov. 1989 o seu fillo pode recibir o Nobel

Conta a lenda que cando a policía política presenta a Stalin un historial de rebeldía do poeta, Stalin exclama “Non toquen a ese Anxo”.

Recibiu o premio Nobel de literatura en 1958, pero non puido recollelo, a ameaza era que non podería regresar a Rusia, á terra que tanto amaba, el intercedeu ante Stalin, por outros escritores disidentes. Este libro que teño nas miñas mans, fálame do descoñecido de Olga e Pasternak, narrado en primeira persoa, o seu amor, a súa dor, a traxedia cotiá, o poder ser e non ser. E pregúntome que traxedia podo crear, para vivir esa dor, para beber dese amor. A noite compañeira das miñas lecturas, farame soñar, aí atopar a beleza dese amor entre Olga e Pasternak, entre Lara e Zhivago

Pasternak falece en 1960 esquecido no seu dacha de Peredelkino. O día dun aniversario un ramo de flores meu descansa xunto outros dos amigos.

“Se un pobo ama a poesía, ama aos poetas, e ninguén ama a poesía como un ruso.”

O Doutor Zhivago de Boris Pasternak.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...