Portos de Galicia publicou este luns 5 de xullo no Diario Oficial de Galicia (DOG) o concurso público para a selección dunha oferta para o outorgamento dunha autorización de dominio público de explotación de nave de reparación de redes na antiga lonxa do porto de Ribeira.

O prazo da concesión será de dous anos prorrogables expresamente ata un máximo de catro, segundo recóllese na
convocatoria.
De momento tres entidades mostraron o seu interese por ter o control sobre este inmoble: o colectivo de redeiros que preside Francisco Argibay, a Sociedade Cooperativa do Mar Santa Eugenia e a agrupación de armadores Pescaldía.
O prazo de presentación de ofertas será de 25 días naturais contados a partir deste martes, o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, e finalizará ás 14.00 horas do último día.



