A orquestra Marbella pon o colofón a unhas Festas de Boiro diversas e participativas

09 Xullo 2021

Boiro remata este venres 9 de xullo a edición 2021 das súas Festas do Verán, un programa de concertos e actividades elaborado co obxectivo de chegar á meirande cantidade de público (a Concellaría de Cultura achegou citas e espectáculos para xente de todas as idades) e cunha marcada vertente participativa e aberta (buscouse que todos os eventos programados, en maior ou menor medida, puxeran o foco na igualdade de xénero, na cultura galega e na implicación cidadá).

Unha actuación da orquestra Marbella nunha imaxe de arquivo previa á pandemia

A programación das Festas do Verán contou con grupos locais facendo as alboradas de cada mañá e a sesión vermú como Arume, A Dorniña de Abanqueiro, Os pequenos do Barbansa, As da Boina… Cada mañá a praza de Galicia acolleu espectáculos para público infantil e familiar. A programación incluíu tamén actuacións de grupos tradicionais e locais como Aroña, Xilbarbeira ou Abeloura e tamén programación feita polas asociacións como Unión de Muchachas.

Un total de 3.000 persoas pasaron esta semana pola praza de Galicia para ver os espectáculos de Broken Peach, Guadi Galego, The Lákazans… todos eles, segundo recalcou o Concello, “cumprindo as restricións sanitarias de control de acceso, capacidade limitada, uso de máscara e mantemento da distancia de seguridade”.

O remate da festa será esta noite, ás 22.00 horas na praza de Galicia coa actuación da orquestra Marbella. Ampliouse a capacidade ata as 500 entradas, polo que se vai permitir o acceso sen reserva previa ata completar o aforo. A actuación de Fran Sieira, que tivo que ser cancelada aínda non ten programada unha nova data pero farase durante o verán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...