A nosa comarca contribúe cunha vintena de areais á Rede Galega de Praias sen Fume

05 Xullo 2021

Este ano fortalécese e amplíase a iniciativa autonómica e dos concellos Rede Galega de Praias sen Fume, un chamamento xeral aos fumadores para que manteñan o seu hábito lonxe dos areais, unha práctica moi prexudicial non só para a súa propia saúde e das persoas que están ao seu arredor (co agravante da COVID-19, moi presente aínda), senón tamén para o medio ambiente, xa que boa parte das cabichas (moi contaminantes e perigosas) acaban na area degradándose e enchendo o medio mariño de partículas plásticas e metais pesados.

A praia da Arnela en Porto do Son co seu identificativo

A Rede Galega de Praias sen Fume é unha iniciativa da Xunta (Consellería de Sanidade) e conta co apoio e implicación dos nosos Concellos, que se encargan de reforzar a mensaxe, nos areais con bandeiras e sinais identificativos, de cara a residentes e visitantes.

Outro dos areais libres de fume de Porto do Son

Están integrados na Rede os Concellos de Porto do Son (coas praias de Ornanda, A Gafa, Coira, O Cruceiro e A Arnela libres de fume), Boiro (Barraña, Carragueiros, Barraña-Satiño, A Retorta), Muros (O Cabo-O Castelo, A Rocha, Ventín-O Salto), Noia (Boa Grande e Boa Pequena), A Pobra (Areal), Rianxo (As Cunchas – Porrón, Tanxil, A Torre) e Ribeira (Río Azor e O Touro). En total, unha vintena dos nosos areais máis concorridos.

Outros artigos

Este venres entrégase en Rianxo o Premio Muller Salgada 2024

Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024. O acto, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña). A orixe do galardón A cultura do esforzo xeneroso,...

+

O Concello de Ribeira xa dispón do seu propio bastón

Entrega do bastón de mando (imaxes de José Manuel Martínez, Concello de Ribeira) Na maña do pasado 14 de xuño celebrouse a xunta de coordinación ordinaria no Concello de Ribeira, unha xuntanza que rematou dun xeito que tivo pouco de ordinario: coa estrea oficial, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....