A Feira do Libro de Rianxo abre as súas portas o día 22

13 Xullo 2021

A Feira do Libro de Rianxo, un clásico para a comunidade lectora da nosa comarca (e por suposto doutras comarcas), celébrase esta verán entre o 22 e o 25 de xullo. Será no Campo de Arriba de Rianxo. Como de costume, achegaranse libros de diferentes editoriais, non só das da nosa terra senón tamén do resto do ámbito estatal, e porase o foco (principalmente) nalgunha das principais novidades literarias na nosa lingua.

Unha parte importante do programa de actividades fará fincapé na importante canteira rianxeira de escritoras e escritores, que, como cada ano, está detrás de relevantes novidades editoriais. Haberá sinaturas de libros, campañas de promoción da lectura e outras actividades de lecer para lectoras e lectores de todas as idades. Quen precise máis datos pode consultar a web librarias.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...