A aula CeMIT de Ribeira acolle dous obradoiros de tecnoloxía creativa para a rapazada

27 Xullo 2021

A aula CeMIT de Ribeira vai dar cabida durante o mes de agosto a dous obradoiros gratuítos para a rapazada destinados a aprenderlles a usar a tecnoloxía dun xeito creativo, participativo e construtivo. Trátase de dous talleres abeirados ao programa STEAM, derrubando estereotipos, impulsados pola Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Os obradoiros celebraranse os días 10 (para rapaces de 8 a 11 anos) e 12 de agosto (de 12 a 15 anos) e estarán impartidos por un membro da dita asociación AGASOL.

As actividades introducirán aos asistentes nos seguintes contidos tecnolóxicos:

• MakeyMakey: MakeyMakey é un kit de creación interactivo para experimentar, investigar e ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch.

• Scratch: Scratch é unha linguaxe de programación creado polo MIT e especialmente deseñada para que todo o mundo poida iniciarse no mundo da programación.

• Circuítos en papel: Aprenderase á rapazada a facer funcionar un circuíto eléctrico cun só LED e que este brille nun papel. Tamén se introducirá aos participantes en proxectos máis avanzados que requiren coñecementos e experiencia en programación e involucren ou uso de diferentes sensores e actuadores. Poderán elaborar postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva…

As inscricións ábrense este 27 de xullo Pódense formalizar ben na aula CEMIT de Ribeira ou vía web.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...