27 positivos no cribado entre mozos da Pobra, Porto do Son e Ribeira

17 Xullo 2021


Hospital da Barbanza

O Cribado poboacional con test de antixenos a persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos de A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira realizado desde o mércores no Hospital da Barbanza deu como resultado 27 positivos.

Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade, o cribado que se estivo realizando desde o mércores pola mañá ata última hora da tarde de onte no hospital comarcal, ao que foron convocados novos de entre 16 e 29 anos de Ribeira, Porto do Son e A Pobra, destapou 27 positivos. Á realización de test de antíxenos só acudiron o 54,11 % dos citados.. Con anterioridade levouse a cabo un cribado entre os mozos de Boiro, que sacou á luz 19 positivos por covid.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.