Volven os Veráns Deportivos a Boiro

12 Xuño 2021

O Concello de Boiro vén de presentar a oferta formativa de actividades deportivas para este verán. Así, volven os Veráns Deportivos 2021 durante os meses de xullo e agosto co fin de fomentar a práctica deportiva. O prazo de inscrición abre o 15 de xuño.
O programa de actividades inclúe as disciplinas de remos, piragüismo, volei Praia, baloncesto, atletismo, tenis, iniciación ao taekwondo e vela. Estas actividades están dirixidas para os rapaces e rapazas. Doutra banda, os mozos e adultos poderán participar en tenis ou vela, e tamén ximnasia para xubilados e Boiro Actívate, para persoas con doenzas especiais.
Ademais, o programa inclúe un gran número de actividades organizadas polos propios clubs, como son o II Campus Deportivo “Rufino Regueira” de natación e triatlón, o VII Campus de Baloncesto Obradoiro CAB, campus de volei e de volei Praia, o Campionato Galego de Vela por Equipos, Depor Campus, IV Travesía Illa da Bensa ou Liga ACT de
traíñas.
O prazo de inscrición abre o vindeiro martes 15 de xuño, e pódese consultar toda a información sobre elas no Servizo de Deportes do Concello de Boiro, no teléfono 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico deportes@boiro.org. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, falará o vindeiro luns 14 de xuño ás 12 horas, na Sala de Comunicación do Concello de Boiro, máis en profundidade sobre o tema.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.