Volve a Ribeira, con 15 actuacións en todas as parroquias, o ciclo Rúas Musicais

11 Xuño 2021

O Concello de Ribeira presentou a segunda edición do seu programa Rúas Musicais, que ten o obxectivo de mostrar e reivindicar o talento das bandas locais a través dunha completa axenda de 16 concertos nas nove parroquias do termo municipal. A concelleira de Cultura, María Sampedro, acompañada de técnicos da empresa Musieventos e de membros dalgúns dos grupos que van actuar, presentaron este 11 de xuño o cartel. Este comezará na tarde do sábado 19 de xuño coa actuación de Thais Suki en Artes.

A continuación de acordo coa previsión de calendario actuarán Blow (o 27 de xuño na praza Teruel de Ribeira), Human (4 de xullo no Malecón), Concierto Descaro (11 de xullo no Malecón), Aliaxe (18 de xullo en Aguiño), Milindros (25 de xullo en Carreira), Os Bugis (1 de agosto en Palmeira), Recambios Tucho (7 de agosto no Garcia Bayón), SabeDlasnotas (8 de agosto no Malecón), La Banda de Luke el Bala Perdida (14 de agosto na Ameixida), Leite con Jalletas (15 de agosto en Corrubedo), Os Jabris (22 de agosto en Castiñeiras), Karma (29 de agosto en Olveira) Espazo en Branco (5 de setembro en Oleiros) e Rockolas (12 de setembro na praza de Compostela de Ribeira).

María Sampedro lembrou que “a idea destas Rúas Musicais xurdiu o verán pasado para poñer en valor o labor das bandas locais despois de varios meses de confinamento e sempre respectando a normativa anti-COVID”. Segundo engadiu a respecto dunha fórmula que comezou con éxito, “o que funciona hai que repetilo”, afirmou a edil, quen animou á veciñanza a participar.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...