“Unha tarde tráxica no mar de Galicia”. Antón Luaces

17 Xuño 2021

Dous mortos e un desaparecido (sen confirmar oficialmente) traen novamente ao mar galego tintes de traxedia. Os dous primeiros, perto da costa de Santo André de Teixido, e o terceiro -de se confirmar o feito e sen que, arestora, medie denuncia ao respecto- na ría de Coruña.

Un día treboento, con nubes de chumbo e choiva constante, o vivido hoxe na costa galega, fronte á que navegaban a primeiras horas desta tarde entre catro e cinco cerqueiros galegos que deron por rematada a costeira do bocarte no Cantábrico. Un destes barcos era o “Siempre Güeto”, con base en Portosín e un total de dez tripulantes a bordo, procedente de Asturias e que viña de descargar na lonxa de Burela as súas capturas para, unha vez chegara en Galicia, comezar aquí a costeira da sardiña con todas as esperanzas postas nas tradicionais boas vendas desta pesqueira nos días de  San Xoán.Pero o “Sempre Güeto” no chegou a Portosín. Naufragou, posiblemente a consecuencia do forte temporal do noroeste que azoutaba a costa cedeiresa, especialmente entre Punta Candieira e o límite co concello de Cariño, nas inmediacións do santuario de Santo André de Teixido. O pesqueiro envorcou e dous dos seus mariñeiros perderon a vida neste accidente no que un deles, viciño de Queiruga (Porto do Son), resultou con feridas de gravidade, a consecuencia das que finou. O outro mariñeiro, de orixe marroquina, coñecido como Aníbal  e con domicilio en Portosín, desapareceu no naufraxio e posteriormente foi rescatado, morto. Os outros oito tripulantes foron recuperados con vida por varios barcos que se atopaban nas inmediacións do lugar do naufraxio.

concelloportodoson Día inmensamente duro para a nosa terra, para o noso mar.
O noso máis sentido pésame e todo o noso ánimo, forza e cariño para os familiares, amigos, compañeiros e veciños da tripulación do ‘Sempre Güeto’.
🖤 D.E.P.

O mundo do mar de Galicia vive hoxe e por esta causa, unha xornada de loito que aínda será máis dura de se confirmar a desaparición do tripulante dunha pequena embarcación avistado esta tarde, arredor das 16,00 horas, abandonando o porto oleirense de Santa Cruz, segundo o testemuño de viciños desta vila. A barca en cuestión apareceu á deriva e envorcada na ría da Coruña. Todo fai pensar que poido colidir contra o pantalán do peirao petroleiro e, levada pola corrente, desprazarse ata Punta Fieiteira, fronte ao faro de Santa Cristina, onde foi recuperada.Fontes de Salvamento Marítimo da Coruña confirmaron a realización de labores de busca para localizar o corpo do tripulante da gamela, sen resultado positivo, levantando o dispositivo ao caer o día. As mesmas fontes sinalaron a este xornal que, ata o momento de redactar esta información, non existía denuncia algunha sobre a desaparición dun mariñeiro.

Outros artigos

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.