Ribeira celebrará o Día do Orgullo LGTBIQ+ cun completo programa de actividades entre o luns 28 e o sábado 3 de xullo

27 Xuño 2021

Ribeira vai celebrar a diversidade cun amplo programa de iniciativas. Así o fixeron saber este 17 de xuño o alcalde Manuel Ruiz e máis a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Dolores Crujeiras, que presentaron a axenda para celebrar (entre o luns 28 de xuño e o sábado 3 de xullo) o o Día do Orgullo LGTBIQ+. Na presentación, Ruiz e Crujeiras aproveitaron para render tributo á súa compañeira Ana Ruiz, até hai uns días concelleira de Igualdade, polo seu importante labor á fronte desta área no Concello e, tamén, porque a conmemoración da diversidade e a intensa axenda de actividades débese ao seu traballo.

O programa de actos arrancará o luns 28 de xuño cadrando co Día do Orgullo LGTBIQ+ coa lectura ás 12 do mediodía na praza do Concello dun pregón (será de forma telemática) a cargo dunha persoa integrante deste colectivo: a ribeirense Julia Alonso Rodríguez. Media hora despois desenvolverase unha actuación por parte de Astrogirl.

O día 2 de xullo de 10 a 14 horas terá lugar tamén na praza do Concello unha Feira do Orgullo LGTBIQ+ coa participación das asociacións Avante LGTBIQ+ Compostela, Alas Coruña, Nós Mesmas e Chrysallis. Ás 12 horas celebrarase un contacontos de Caxoto denominado Planeta LGTB mentres que ás 13 horas haberá un obradoiro de globoflexia.

Ese mesmo venres ás 20 horas no Salón Cultural Lustres Rivas proxectarase o audiovisual Noite irisada. A acción está promovida pola Deputación da Coruña e estará seguida dun debate entre os asistentes. E ás 22 horas no paseo do Malecón terá lugar o espectáculo Fraquetazzo DJ, para todos os públicos.

Por último, o sábado 3 de xullo de 12.30 a 14 horas o viario de Ribeira acollerá a ruada Discotecla.

De xeito complementario e paralelo ás ditas iniciativas desenvolverase na rede sociail Facebook a campaña Ribeira con Orgullo, na que as persoas que queiran participar só teñen que tomar unha fotografía alusiva a esta iniciativa e citar no seu post a conta @CIMRibeira. A estes efectos haberá espallados polo municipio diversos motivos sobre a campaña, como unhas banderolas ou como os nove bancos arco da vella colocados nas nove parroquias.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...