Os GALP e Xoia achegan en Muros un seminario sobre Realidade Virtual aplicada aos museos

04 Xuño 2021

A empresa galega de tecnoloxías Xoia Extending Reality vai impartir en Muros, o vindeiro 11 de xuño, un seminario sobre Realidade Virtual e Aumentada aplicada aos museos. A cita, que vén da man dos grupos galegos GALP (Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro), celebrarase na Fábrica Sel en Muros, a partir das 10.00 horas. Mostraranse recursos e mecanismos dos que botar man para mellorar as experiencias dos visitantes nas salas e recintos expositivos mediante as máis avanzadas ferramentas. A empresa Xoia, por certo, é a creadora do primeiro museo cen por cen virtual no ámbito español, o MUV da Fundación María José Jove.

Detalle do museo virtual feito por Xoia para a Fundación María José Jove

A actividade enmárcase no proxecto Pasaporte REMA, financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP) e na que participan os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Galegos.

O evento, que se pode seguir de forma online, está aberto a todo o público.

O director executivo de Xoia, Xoel Vázquez explica a xeito de introdución que “o concepto de Museo 4.0 pode proporcionar unha experiencia auténtica e personalizada; que se inicia antes da propia visita ao espazo físico”.

O mapeo interior no deseño das salas ou o uso de sensores e beacons, que son pequenos dispositivos con tecnoloxía bluetooth que permiten a comunicación automatizada; son outros exemplos de avances tecnolóxicos sobre os que falará durante o seminario.

Os membros da Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (Rede REMA), composta por 31 museos localizados en Galicia, Portugal e Asturias, están convidados a participar no evento. Ademais, pode asistir calquera persoa ou institución interesada en pór en valor o patrimonio mariñeiro atlántico europeo.

As persoas interesadas deben realizar previamente a súa inscrición a través do correo electrónico: info@redrema.eu. A charla poderá seguirse tamén de forma virtual. Ao público que non poida acudir de forma presencial, facilitaráselles a ligazón para iso.

Programa de actividades

Relator: Xoel Vázquez, socio fundador da empresa Xoia Extending Reality

Contidos:

10:00 h. Apertura do acto e benvida a cargo da presidenta da Rede REMA e Alcaldesa de Muros Inés Monteagudo

10:10 h. Tecnoloxías aplicadas á museoloxía 4.0

10:30 h. Que é a Realidade aumentada e como funciona?

11:00 h. Casos de uso en exposicións, museos e centros de interpretación

11:15 h. Pausa café

11:45 h. Que é a Realidade Virtual e como funciona?

12:15 h. Casos de uso en exposicións, museos e centro de interpretación

12:30 h. Experiencias interactivas complementarias. Casos de éxito

12:50 h. Quenda de preguntas

13:00 h. Fin do seminario

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Regenerar las administraciones”. José Castro López

“Regenerar las administraciones”. José Castro López

Siempre hubo casos de nepotismo en las administraciones públicas, pero nunca comoahora. La Unidad Central Operativa de la Guardia Civil (UCO) atestiguó que la tramaKoldo colocó en empresas públicas a parejas, amantes, amigas y asesores de un ministrodel Gobierno y hay...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.