O Roteiro Maker prosegue o seu itinerario argalleiro cara a Brión, Rois, O Ézaro e Muros

16 Xuño 2021

Logo das paradas levadas a cabo estes días en Ames (Bertamiráns e Milladoiro), as actividades argalleiras itinerantes do Roteiro Maker fixeron recaladas (estes días pasados) no concello de Outes e máis no do Porto do Son (na praza do Curro de Portosín), onde introduciron á rapazada local, dun xeito divertido e creativo, nos segredos da filosofía do “faino coas túas mans” aplicada a tecnoloxías tan punteiras como a robótica, a impresión 3D, a electrónica básica, a programación ou a Intelixencia Artificial. Os seguintes destinos serán esta finde en Brión, Rois, O Ézaro e Muros.

O Roteiro Maker inclúe obradoiros que mesturan a cultura, o turismo e a tecnoloxía nun Camiño Maker.

Aos talleres de Ames, Outes e Portosín asistiu un público numeroso, formado tanto por nenos como por adultos que se achegaron con curiosidade e diversión, xa que os contidos adáptanse a todas as idades e ofrécense, en palabras dos organizadores, “nun formato totalmente innovador e divertido”. Os asistentes destacaron sobre todo “a novidade das tecnoloxías, as posibilidades que ofrece a súa aplicación e a dinámica dos obradoiros, xa que se facilita o acceso a eles de forma áxil ao non necesitar inscrición previa”.

As próximas paradas deste Camiño Maker serán como dixemos esta fin de semana, os días 19 e 20 de xuño, en Brión, Rois, Ézaro e Muros. Os horarios e máis información sobre este proxecto pódense atopar na súa páxina web www.roteiromaker.com e nas súas redes sociais.

O Roteiro Maker é un proxecto que se realiza en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.