O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración de No Ronsel do Camiño, a nova mostra coa que o Museo das Artes do Gravado á Estampa Dixital se suma á programación cultural do Xacobeo 21-22. A exposición, que se poderá visitar ata o vindeiro 18 de agosto, reúne máis de 100 obras dos artistas Miguel Ángel Lombardía, Manuel Facal e Mariano de Souza.
No acto de presentación, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, gabou a iniciativa levada a cabo polo Museo do Gravado e o seu esforzo “por poñer en valor á tradición xacobea a través da arte ao tempo que recoñece o labor de grandes artistas da nosa cultura”, explicou en referencia aos gravados de Porta a Compostela nos que se ilustra a poesía de nomes como Luz Pozo, Pura Vázquez, Manuel García, Salvador García-Bodaño, Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín ou Uxío Novoneyra.
Do mesmo xeito, Anxo M. Lorenzo felicitou ao director do museo, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, polo seu traballo ao fronte desta importante institución cultural do Barbanza e como responsable do proxecto expositivo que se poderá contemplar durante dous meses en dous plantas.
Cómpre lembrar o apoio da Xunta de Galicia con este centro museístico que conta xa con 20 anos de historia e co o Goberno galego colaborou este mesmo ano para a ampliación do obradoiro do gravado do museo. Destacar tamén a colección de máis de 40.000 estampas procedentes de máis de 400 artistas e a biblioteca ilustrada con máis de 3.000 exemplares que abranguen desde o século XVI ao XXI.
O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía
O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...