O Museo Catedral de Santiago reabre este 24 de xuño

23 Xuño 2021
Sala do tesouro da S.A.M.I. Santiago

O Museo Catedral de Santiago volverá abrir as súas portas este xoves 24 de xuño, tras permanecer pechado desde o pasado 15 de novembro, por mor da pandemia. Desta maneira, a partir desa data xa se poderán visitar tanto a colección permanente, como os espazos integrados na visita habitual do museo, tales como o claustro, o Tesouro ou a capela das Reliquias. Tamén se poderá visitar o Pazo de Xelmírez, que alberga o espazo monográfico dedicado ao Mestre Mateo, e a cripta do Pórtico da Gloria, recentemente restaurada.
As entradas xa están á venda a través da plataforma de ticketing do Museo Catedral na web entradas. catedraldesantiago.es, na que tamén se achega distinta información sobre as visitas, horarios, tarifas, etc.
Así mesmo, a partir do 24 de xuño retómanse as visitas ao conxunto da igrexa e museo de Santa María de Sar, grazas ao programa Compostela Sacra da Fundación Catedral de Santiago.

No que se refire ao Pórtico da Gloria, a partir desa data convivirán dous sistemas de visitas.
Un de pago, que inclúe a app de visita e o acceso ao Museo e Pazo de Xelmírez, e outro gratuíto, previa retirada de invitacións. En ambos os caso, os tickets e invitacións estarán dispoñible na web de venda de entradas do Museo. O punto de inicio destas visitas será a cripta do Pórtico, con acceso desde a praza do Obradoiro.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.