O Concello dotará de ascensor e mellorará a fachada do Centro Cultural de Taragoña

14 Xuño 2021

O Concello de Rianxo confirmou que as vindeiras semanas sairá a concurso o proxecto que dotará de ascensor o Centro Cultural de Taragoña e que mellorará a envolvente do inmóbel, co obxectivo de sanear e repintar a fachada, moi deteriorada co paso do tempo pois, segundo apuntan dende o Consistorio, “trátase dunha construción inaugurada en parte no ano 1929 como escola pola Sociedad Hijos de Taragoña”, aínda que tivo obras con posterioridade para incrementar a capacidade do edificio nos andares superiores.

A obra, enmarcada dentro do Plan Único da Deputación-Concello de Rianxo, ten un orzamento de 98.343 euros e está pendente do estudo arqueolóxico, previo o inicio das obras, para avanzar nunha licitación que conta xa co visto e prace da Consellería de Educación ao afectar á Escola do Cruceiro, unha das unitarias encadradas no Colexio Rural Agrupado de Rianxo e que, como o resto das instalacións educativas, foron obxecto dun importante programa con máis de 500.000 de fondos públicos para a súa posta o día, á que agora se engade esta nova actuación
O Concello engade que “con ascensor e a rampla de acceso cúmprese o obxectivo de dotar de accesibilidade a esta instalación social, permitindo o acceso universal aos dous andares superiores onde se imparten diferentes obradoiros, aulas para deporte e local de varios colectivos da parroquia”.

O plan pasa por rematar no verán as obras “para non interferir co curso escolar”.
Como o resto das obras son licitadas para concurso público a través do Perfil do Contratante na páxina web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...