O Concello de Noia presenta o seu novo campamento urbano de verán

O Concello de Noia presentou os días pasados os detalles do seu novo campamento urbano de verán, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

As actividades realizaranse en 3 quendas. A primeira será do 5 ao 16 de xullo, mentres que as demais levaranse a cabo do 19 a 30 de xullo e do 2 ao 13 de agosto. O campamento, que se fará no Pavillón Agustín Mourís, terá horario de 10:00 a 14:00 horas e servizo de madrugadores a partir das 9:00 horas da mañá para aqueles que o precisen.

As inscricións poderán realizarse de forma presencial no Concello a partir do 25 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas.