“Noruega apoderouse ilegalmente da cota de pesca da xarda da UE”. Antón Luaces

27 Xuño 2021

O Goberno noruegués está a se aproveitar da saída do Reino Unido da Unión Europea e dos efectos do Brexit para apropiarse ilegalmente das cotas de pesca comunitaria de bacallao e de xarda.

Esta é  a conclusión que tira a organización de pescadores comunitarios Europêche, que insta -conxuntamente cos pescadores da Unión Europea- aos cidadáns da Unión a deixar de consumir peixe noruegués e aos minoristas e subministradores de alimentos a non realizar compras de produtos do mar capturados por ese país escandinavo.

A solicitude dos pescadores quer ser a resposta á apropiaciòn “ilegal do cupo de pesca europeo” por parte do Goberno de Noruega e para contribuir deste xeito á sobrevivencia da industria pesqueira e das poboacións de peixe da Uniòn. O sector pesqueiro fai un chamado ás institucións comunitarias para que pechen o mercado único ao peixe procedente do país nórdico e que eliminen as preferencias comerciais outorgadas aos produtos pesqueiros noruegueses, especialmente o bacallao e a xarda para, deste xeito, protexer ás empresas da UE. Para a industria pesqueira, a UE produce unha cota de xarda dabondo, polo que non hai necesidade de subministración engadida  ao mercado comunitario.

O director xeral de Europêche, Daniel Voces, é contundente na súa análise da situación: “Noruega semella ter abandonado o camiño do diálogo e a cooperación ao decidir unilateralmente e saltándose a legalidade,  apoderarse da cota de pesca da Unión Europea. Con estas decisións, o Goberno noruegués está a amosar un desprezo flagrante polo dereito internacional e unha falta de respecto cara a UE como socio e aliado”.

O Goberno de Noruega está aproveitando a saída do Reino Unido da UE-sinala Europêche- e os efectos do Brexit para se apropiaren ilegalmente da cota de pesca de bacallao e xarda que corresponde á Comunidade, co agravante de que “este comportamento  imprudente e irresponsable deu pulo a outros países -nomeadamente ás Illas Feroe, dependentes de Dinamarca, país comunitario- a seguir os seus pasos e aumentar tamén unilateralmente a súa cota de xarda, cuestión esta que para a patronal europea de pescadores pode poñer en risco a sustentabilidade do stoc nos vindeiros dous anos.

Daniel Voces demanda da UE o envío dun sinal contundente a estes países, porque de non ser así van seguir acadando cada vez máis cotas comunitarias destas e outras especies de peixe, polo que a cidadanía comunitaria debe saber que agora se cuestiona a legalidade e a sustentabilidade do peixe procedente de Noruega.Esa actuación unilateral non só pon en perigo a sobrevivencia da industria e o emprego dos pescadores comunitarios, senon tamén a sustentabilidade  de importantes poboacións de peixes -como a xarda e o bacallao- amáis de supor unha seria ameaza para a asociación construtiva coa UE dado que o 60% da pesca norueguesa ven parar ao mercado europeo.

Por todo isto Europêche coida que sería escandaloso e mesmo indignante que a UE “continúe outorgando acceso preferencial ao mercado de produtos do mar procedentes dun país que se apropiou ilegalmente da cota comunitaria”, actuación que, amáis, pon en risco a sustentabilidade dunha especie de peixe” que, no caso da frota galega, soluciona en boa medida coas capturas de xarda as carencias doutras pesqueiras asimesmo necesarias.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.