Noia busca nas tecnoloxías intelixentes unha máis óptima xestión da auga

02 Xuño 2021

A semana pasada celebrouse en Noia un obradoiro para mostrar os usos, mecanismos e posibilidades da plataforma Aquamundam, desenvolvida no marco do programa Interreg V-A España-Portugal. Segundo se fixo saber no Casino de Noia, onde tivo lugar o taller, trátase dunha ferramenta para a xestión e control das redes municipais de abastecemento e saneamento.

No caso de Noia, os integrantes do Departamento de Servizos Públicos tiveron ocasión de coñecer polo miúdo as funcionalidades da plataforma grazas á colaboración coas entidades impulsoras de Aquamundam.

A plataforma vai permitir a nivel local, con total facilidade e dispoñibilidade dos datos, crear o catastro dixital de ambas redes para a súa consulta, actualización ou ampliación; dar de alta varías de xeito inmediato e rexistrar o seu seguimento; o acceso en tempo real aos datos de consumo nos depósitos da ETAP e Augalevada; e a posta en marcha de contadores dixitais intelixentes en parte do casco histórico, conectados á plataforma.

O proxecto

O proxecto AquaMundam: Solucións para a Xestion integrada e sustentábel da auga no espazo POCTEP, ten como obxectivo a protección ambiental a través da mellora na xestión do ciclo integral da auga en espazos transfronteirizos fomentando un uso racional do recurso mediante o desenvolvemento de metodoloxías e ferramentas e a valorización de solucións e técnicas existentes. Entre as entidades impulsoras atópanse o Instituto Tecnolóxico de Galicia (o ITG, socio líder), Augas de Galicia ou a Fundación Cartif. Para máis datos, podemos consultar a páxina web da plataforma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...