No Son, curso sobre trastornos alimentarios

O Concello de Porto do Son colabora coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns na organización do curso Trastornos do Comportamento Alimentario.

A sesión correrá a cargo da psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, María Blanco Suárez. Esta actividade de balde, ten unha duración de 4 horas e desenvolverase o próximo xoves, 10 de xuño, na Casa da Cultura de Porto do Son, en horario de 16:30 a 20:30 horas.

Os interesados deberán formalizar a súa inscrición do 1 ao 6 de xuño a través do seguinte correo electrónico: jose.pazo@portodoson.gal