O mércores continuaremos baixo a influencia das altas presións. Deste xeito, o ceo estará despexado en xeral, con algunhas nubes baixas no terzo norte pola mañá e bancos de néboa no interior. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente na nosa comarca, chegando ós 31 graos. O vento soprará frouxo do nordés, máis intenso no litoral e zonas altas pola tarde.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:15 | 3.3 m |
| Baixamar | 10:18 | 0.9 m |
| Preamar | 16:34 | 3.4 m |
| Baixamar | 22:45 | 0.9 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:07 | 3.2 m |
| Baixamar | 10:10 | 1.0 m |
| Preamar | 16:26 | 3.4 m |
| Baixamar | 22:36 | 1.0 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:13 | 3.2 m |
| Baixamar | 10:15 | 0.9 m |
| Preamar | 16:30 | 3.4 m |
| Baixamar | 22:41 | 0.9 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



