Este martes 29 de xuño a Asociación de Empresarios de Ribeira celebrou a súa asemblea ordinaria. Nela informouse do estado no que se atopa a entidade empresarial e das contas da mesma correspondentes aos exercicios 2019 e 2020, as cales foron aprobadas por unanimidade dos asistentes.
Asemade, levouse a cabo a asemblea extraordinaria da asociación, coa elección do novo presidente como único punto de día, resultando elixida por unanimidade a única candidatura presentada, que foi a do actual presidente Francisco Martínez Gude.